Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es



24/9/10

Comezan as actividades para os rapaces: Obradoiro da Natureza 2010-2011

A Asociación Fontaíña retoma as actividades do seu grupo xuvenil “Obradoiro da Natureza”. Comentarvos que na campaña que agora bota a andar os rapaces desenvolverán un proxecto denominado “Mollate pola natureza e aforra auga” e que conta co patrocinio de Voz Natura e da Consellería de Traballo e Benestar (Xuventude). Os rapaces, acompañados polos monitores, realizarán actividades en defensa da natureza relacionadas coa auga como recurso natural.
Ó igual que fixemos o pasado curso recibiredes por correo unha convocatoria cada dous ou tres meses, aproximadamente, e lembrade que debedes avisarnos se os vosos fillos van asistir a cada unha das actividades (trátase dunha cuestión organizativa para o tema de material, monitores e avituallamento).
Os nenos deben traer roupa cómoda para andar polo campo e que poidan manchar. A asociación facilitaralles lubas (guantes) para traballar e o avituallamento. Outro tema que vos queremos comentar é que se coñecedes a algun rapaz ou rapaza de entre 6 e 12 anos de idade, interesado en participar nas actividades de Fontaíña lles comentedes que se apunten chamando ao teléfono da asociación. Velaí tedes o calendario da primeiras actividades:

Sábado 2/10/10 de 10:00 a 13:00h.
Visita ó Encoro de Zamáns (Vigo). Nel coñeceremos, mediante unha visita guiada polo personal de Aqualia, as instalacións do encoro un dos que abastece de auga a algunhas parroquias de Vigo. Posteriormente visitaremos o Muíño de Maquías, situado no río Zamáns e se da tempo daremos un paseiño polas beiras do encoro e as limparemos de lixo. O lugar de encontro será na Carretera de Zamáns no km10. A liña de Vitrasa C7 pasa perto. Lembrade traer as autorizacións asinadas.


Sábado 6/11/10 de 10 a 13h
. Investigación sobre o estado medioambiental do río Lagares. Os nenos participantes realizarán un percorrido polas marxes do Lagares e estudiaran en que estado se atopa a natureza do río vigués, analizando a auga, o cauce do río e as marxes. O lugar de encontro será na ponte de madeira que hai no Paseo Peonal do Lagares (a carón da depuradora, na estrada Muíños-Samil). Os nenos deben traer botas de auga.


AVISO IMPORTANTE
: LEMBRADE QUE É NECESARIO AVISAR DA PARTICIPACIÓN DOS RAPACES PARA CADA ACTIVIDADE, CUN MÍNIMO DE DOUS DÍAS ANTES DA SÚA CELEBRACIÓN.
Podédelo facer chamando ou mandando unha mensaxe ó tfno. 679457222 ou ben ó correo electrónico fontainhavigo@yahoo.es

4 comentarios:

Unknown dijo...

Este curso pensamos que tocaba "mollarse" e, dende logo, volo tomástedes ao pé da letra. Si señor, como ten que ser. E por suposto, gustaríanos coñecer os resultados que obteñades e como foi a experiencia dos rapaces. Tamén en Facebook temos un montón de amigos á "expectativa".

Saúdos

Equipo de Voz Natura

Unknown dijo...

¿Estades en Facebook? Non????. 432 amigos da natureza xa foron informados do voso traballo.

Saudiños

Equipo Voz Natura

fontainhavigo@yahoo.es dijo...

Así es, amigos de Voz Natura, aunque por ahora nuestro principal problema es la falta de participantes. Estamos tratando de dar la mayor difusión a las actividades para que los chavales se apunten, por lo que os agradecemos vuestro apoyo.

Unknown dijo...

Podéis contar con nosotros para difundir vuestras estupendas acciones medioambientales. Entre todos lo conseguiremos!!!!!!

Equipo Voz Natura