O pasado 26 de outubro a Asociación Fontaíña organizou un roteiro ornitolóxico pola Xunqueira do Lagares e a convocatoria foi un éxito de participación, xa que nun par de días se cubriron as 25 prazas ofertadas e quedaron unhas 10 persoas en lista de espera. Polo tanto vaise realizar unha nova excursión para satisfacer a demanda e que ninguén quede sen coñecer esa marabilla natural que é a Xunqueira do Lagares, a marisma de Vigo.
O domingo 9 de novembro pola mañá (de 9 a 12-12,30 h.) realizarase un roteiro de observación de aves pola Xunqueira do Lagares.
Polo seu fácil acceso e variedade de hábitats resulta un lugar idóneo para iniciarse na observación de aves.

O lugar de encontro e remate do roteiro será o polideportivo municipal de Samil ás 9:00 h.
O número de prazas é limitado (25 persoas acompañadas por dúas persoas monitoras). Daráselle prioridade ás persoas que quedaron en lista de espera na anterior convocatoria do 26/10, pero calquera persoa pode solicitar a inscripción.

Para esta actividade é imprescindible apuntarse previamente, mediante o envío dun correo electrónico a
fontainhavigo@yahoo.es
indicando os seguintes datos:
A asociación aportará un par de telescopios e algúns prismáticos pero sería recomendable que aqueles participantes que teñan posibilidade de facelo traian os seus binoculares. Por tratarse dunha actividade de formación de voluntariado, todos os/as participantes contarán coa cobertura do correspondente seguro de RC e accidentes.Nome participante/s
Tfno. de contacto
Os menores de 16 años deberán participar acompañados dun adulto que se faga cargo deles; os menores de 16 a 18 anos poderán participar sós previa autorización dos seus pais ou titores (Enlace descarga documento autorización).Lugar de encontro: Polideportivo municipal de Samil (Avda. de Samil, 32, Vigo).
Recoméndase levar calzado axeitado para camiñar polo campo no inverno e roupa cómoda. O roteiro é circular, duns 3km de lonxitude e dificultade baixa.
Esta actividade de educación ambiental forma parte das accións incluídas no Apadriñamento de Espazos Naturais do Programa Libera organizado por SEO-Birdlife e Ecoembes




