Asociación que desenvolve actividades de voluntariado ecolóxico na bisbarra de Vigo.
e-mail: fontainhavigo@yahoo.es
Tfno.: 679457222



6/12/17

A herba das pampas (Cortaderia selloana) na Xunqueira do Lagares (Vigo). Causas e evolución dunha bioinvasión nunha marisma de importancia local



A especie denominada Cortaderia selloana (Herba das pampas) aparece citada como especie de caracter bioinvasor no Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto.




A bioinvasión desta especie manifestouse na Xunqueira do Lagares hai xa uns 12 anos . Daquela Cortaderia selloana era unha especie presente en Galicia, especialmente na medianeira da AP-9 (Coruña-Vigo) pero a súa expansión aínda non se consideraba un problema ecolóxico de gravidade. 

Cando se rematou o paseo peonal da Xunqueira do Lagares (executado entre 2003 e 2005) que arrodea a marisma e mailo aliviadeiro da ponte de Samil, quedaron numerosos terraplens e marxes con terras de recheo, un substrato ideal para a colonización desta especie invasora. Se a isto lle engadimos que dita especie, Cortaderia selloana, foi empregada, previamente ás obras de construción do paseo peonal, para axardinar as lindes da EDAR Lagares (a anterior, non a que se vai estrear en breve), atopamos as condicións ideais para que esta herba colonizase masivamente as marxes da Xunqueira.


Na actualidade, e despois duns 10 anos arrincando herba das Pampas, por parte de voluntarios de Fontaíña, e tamén de voluntarios e persoal do Concello de Vigo, a situación desta bioinvasión na Xunqueira do Lagares mellorou notablemente.  De atoparse Cortaderia selloana en todalas marxes e diques da marisma, unicamente quedan uns poucos exemplares na zona de recheo que hai a carón da ponte de Samil.

Sen embargo, para lograr que a Xunqueira quede libre desta especie bioinvasora hai que continuar:

  • Localizando e eliminando todos os exemplares (grandes e pequenos) desta especieque haxa na Xunqueira do Lagares.
  • Retirando as espigas con sementes dos exemplares grandes para evitar novas xerminacións ata que sexan eliminados.
  • Localizando exemplares presentes en terreos (privados e públicos) próximos á Xunqueira; e solicitando ós seus propietarios procedan á súa eliminación.
  • Repoboando aqueles solos ocupados pola herba das pampas con especies arbustivas e arbóreas autóctonas.
  • Dando a coñecer a centros educativos, cidadáns e voluntariado a importancia do problema global das bioinvasións e posibles solucións.

No hay comentarios: