Traballos realizados: Localización de exemplares de flora exótica invasora, análise de augas, valoración da evolución dos plantíos de anos anteriores, localización de desperfectos no paseo peonal e deteción de impactos ambientais
Asistentes: José Luis, Alberto, Antonio, Pilar, Esther e Edu.
LUGAR | Ta | TDS | CONDUC-TIVIDADE | pH | NITRATOS | COLIFORMES | RUIDO |
Ponte de Muiños | 14,7 |
109
| 215 | 7.08 | 10 | + | 62,5 (50-75) |
Ponte de madeira | 14,6 |
114
| 231 | 6,91 | 10 | + | 56 (52-62) |
Cañería dique | 15,3 |
>2000
| >4000 | 7,05 | 0 | - | 50,5 (42-59) |
Regato Carras-queira | 15,6 |
297
| 150 | 6,53 | 5 | + | 51 (50-52) |
Ponte da Foz | 14,7 | 1210 | 2420 | 6,92 | 10 | + | 67,5 (55-80) |
OBSERVACIÓNS: Nas mostras da Ponte de Muíños e Ponte de madeira1 e 2 a auga presentaba irisacións. |
b) Localización de exemplares de flora exótica bioinvasora: localizáronse 2 exemplares de tamaño medio da especie Cortaderia selloana (Herba das pampas), que serán arrincados no vindeiro obradoiro.
c) Localización de desperfectos no adoquinado do paseo peonal.: Levouse a cabo un control visual de posibles danos no adoquinado de lusa do paseo peonal, localizándose tres zonas (dúas delas con danos importantes). Enviarase unha nota ó Dpto. de xardíns para que o reparen.
e) Identificación de danos nas arboriñas plantadas polos voluntarios: a maior parte das arboriñas plantadas o ano pasado non tiñan o titor, aínda que algunhas presentaban malla plástica. As arboriñas de maior porte (carballos p. ex.) sobreviviron ós desbroces non selectivos realizados no verán. Tamén se observou que na zona plantada a carón do murete de pedra do paseo os cabalos pastaron na zona e causaron danos nas arboriñas. A conclusión á que se chegou é que hai que voltar a titorizar tódalas arboriñas e no caso de plantar algunha máis deben de ser árbores de 2-3m de altura alomenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario